Sábado 6 de outubro, amence, a claridade cada vez maior entra pola ventá....temos por diante un día distinto, unha fin de semana nun paraxe emblemático que acabaría converténdose nunha “mini-aventura” inolvidabel.
Saímos da Casa da Cultura de Ferreira, as nove e media da mañá, dezaseis persoas cheas de ilusión e ganas de pasalo ben. O noso destino eran “Os Ancares”, alí nos esperaban dúas rutas, de mais-menos dificultade.
A viaxe, moi entretida, con paisaxes impresionantes da nosa Galicia interior. Fixemos unha parada no Cádavo, onde nos trataron moi ben, logo seguimos ata o destino, Hotel Belón, en San Román de Cervantes, onde nos sentimos como na casa.
Sobre as 2 da tarde, xantamos, para logo prepararnos e subir o autobús que nos levou ata o lugar onde comezamos a primeira ruta. Era unha tarde explendida, ideal para o que iamos facer. Camiñamos, falamos e observamos a natureza e a beleza destas terras nos limites das provincias de Lugo, León e Asturias.
Xa cerca do atardecer chegamos a Piornedo, onde estivemos vendo as pallozas(construcións que representan unha forma de vida inconcibíbel hoxe en día)300 metros cadrados ou mais de vivencias e recordos, utensilios e ferramentas que eran necesarias para a vida cotiá da xente de esa zona. Estivemos na “Cantina Mustallar”, onde vimos un grupo de gaitas, e entre eles, un matrimonio de Lourenzá ¿quen o ia a dicir? que pequeno e o mundo.
Empezaba a escurecer e baixamos no bus para o hotel, alí ducha, cea, charlas entre nos, intercambios de opinións, futbolin….e a durmir. O día seguinte seria un longo día.
“O presidente” dixo: ¡As 8 desayuno! E alí con puntualidade galega estabamos todos repoñendo forzas para empezar o día.
Subimos en bus ata o albergue, e alí comezamos a ruta ata Tres Bispos. A primeira parte da ruta era moi suave, camiños e sendeiros en moi bo estado, vexetación de arbustos e vistas impresionantes, para velas…. Según iamos subindo empezamos a ver on pico de Tres Bispos.
Tres subidas, non moi longas, pero si moi empinadas, ían en orden de desnivel, inclinación media, alta e moi alta, con gran entusiasmo , pasiño a pasiño, como noso nome “Paso Miúdo” fomos subindo uns tras outros.. o gran campión “Toni” coroou os Tres Bispos en solitario, pero logo fomos chegando a facerlle compañía e disfutar dunhas impresionantes vistas que como dixen antes mellor velas que describilas.
Quixera resaltar a vitalidade, axilidade e tenacidade da nosa sendeirista maís veterana¡¡por ti Alicia!! e como non a forza da maís xovenciña ¡¡por ti Bea!! Moitos besiños as dúas.
Logo devolta o albergue, bus e hotel para xantar e disfrutar das horas que nos quedaban nestes impresionantes paisaxes de montaña que fixeron que gozaramos dunha fin de semana inesquecible .
Sobre as 7 da tarde volta na casa da cultura de O Valadouro.
“Paso Miúdo” poucos pero bos.
Ata a próxima
Mª Carmen Sixto
martes, 16 de octubre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)